Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ENTREGA DE PREMIOS DO III CONCURSO DE MONÓLOGOS EN LINGUA GALEGA "QUE ME DÍS!!"
ENTREGA DE PREMIOS DO III CONCURSO DE MONÓLOGOS EN LINGUA GALEGA
Os monólogos gañadores pódense ver nesta páxina web.
Narón, 22 de Xuño de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Educación, Mª del Carmen Espada, entregaron hoxe os premios correspondentes á 3ª edición do Concurso de Monólogos en Lingua Galega “Que me dís!!” promovido polo Servizo Galego de Normalización Lingüística, dependente da Concellería de Educación.

Este concurso tivo como obxectivo promover o uso da lingua galega nas novas tecnoloxías entre a cidadanía, a través da gravación de monólogos (tanto en formato vídeo coma audio) que foron colgados na páxina web do Concello.

O xurado do concurso estivo composto por Flor Maceiras (actriz e directora da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón), José Luis Prieto (dramaturgo) e Adela Pita (técnica de Normalización Lingüística).

A gañadora do concurso foi a naronesa Eva Castro Vigo, co monólogo “O peor 酔. O segundo premio foi para Iván González Cartelle, co monólogo “Mugardos” e o terceiro premio gañouno Juan González Bello co monólogo titulado “As salas de espera”. (O gañador do 3º premio non puido asistir ó acto de entrega)

A relación de premios foi a seguinte: unha tablet (1º premio), un netbook (2º premio) e un smartphone (3º premio).

A Concelleira de Educación de Narón, Mª del Carmen Espada, agradeceu hoxe a participación neste concurso, e anunciou que a vindeira edición abrirase a outros xéneros de monólogos, ata agora limitados á clave humorística. En sucesivas convocatorias permitiranse outros estilos coma o drama, a traxicomedia e mesmo a crítica.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal