Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A FESTA DA EXALTACIÓN DO MARISCO 'ALTEADA 2012' CELÉBRASE O DOMINGO 22 DE XULLO EN XUVIA
Os tiquets están xa á venta na asociación de veciños Altea ó prezo de 20 euros.
Narón, 3 de Xuño de 2012.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o presidente da AVV Altea de Xuvia, Ramón Silverio, presentaron hoxe en rolda de prensa a 11ª edición da Alteada, a festa da exaltación dos productos da ría. O evento terá lugar o domingo 22 de xullo, baixo unha carpa instalada no paseo marítimo de Xuvia, financiada polo Concello para tal ocasión. Nesta nova edición da Alteada degustaráse o seguinte menú: sopa de pescado, ameixas á mariñeira, merluza á cazuela, postre, café e chupitos. O prezo do menú é de 20€ por persoa, e os tiquets poderán retirarse no local social de Altea ata o día 17 de xullo. Ademáis, contarase coa actuación musical de Chevalier. Agárdase a asistencia de entre 300 e 400 persoas a esta festa, que téñese convertido nunha das citas imprescindibles no calendario gastronómico do verán.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal