Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONCELLOS DE NARÓN E NEDA ORGANIZARON UN ACTO DE HOMENAXE A IRIA GARCÍA BOUZA
En colaboración cos amigos da xoven, que foi asasinada en Narón o pasado 25 de xuño nun caso de violencia de xénero.
Narón, 5 de Xuño de 2012.- Os concellos de Narón e Neda levaron a cabo no día de hoxe un acto de homenaxe a Iria García Bouza, a muller asasinada a pasada semana en Narón. A convocatoria serviu tamén para condenar de novo a violencia machista, da que foi vítima esta veciña naronesa. Ademais da asistencia dos alcaldes de Narón (José Manuel Blanco) e Neda (Ignacio Cabezón) neste este acto, participaron amigos da víctima e miles de veciños de ambos concellos e da comarca de Ferrolterra. O punto de encontro foi a Praza do Concello (en Xuvia, diante do antigo Concello) ás 20:30 horas. Alí os asistentes gardaron 1 minuto de silencio, en condena por este asasinato. A continuación, a marcha partíu a pé ata a praza de San Roque, onde foi asasinada Iria García Bouza, onde deuse lectura a un manifesto de condena deste asasinato por parte dunha amigo da falecida. A continuación, gardouse un minuto de silencio e realizouse unha ofrenda floral por parte de tódalas persoas que asistiron á homenaxe, depositando cada unha delas un clavel no lugar onde foi presuntamente asasinada a mans da súa ex-parella.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal