Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS DE TRES CURSOS PARA MULLERES SOBRE COSTURA, IGUALDADE E ECONOMÍA DOMÉSTICA
Un total de 48 alumnas finalizaron con éxito estos obradoiros, desenvolvidos no Centro Municipal de Formación de A Gándara.
Narón, 4 de Xuño de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, entregaron hoxe os diplomas correspondentes a tres cursos para mulleres organizados por esta concellería. Trátase dos obradoiros “Cooperando en Igualdade por medio da educación” (20 alumnas), “Organización e xestión familiar” (9 alumnas) e “Obradoiro de confección” (9 alumnas). Estos cursos desenvolvéronse durante a temporada escolar, e están enmarcados no Plan de Igualdade para as mulleres de Narón. Foron impartidos por mestras expertas en educación de adultas, co obxectivo de promover e mellorar a calidade de vida das mulleres dende unha perspectiva bio-psico-social. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, destacou a importancia de que as persoas adquiran formación, especialmente nos tempos de crise que estamos a vivir. “Atopámonos nun mal momento, pero precisamente agora é cando máis hai que formarse”, asegurou o rexedor. A Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, engadiu que “imos a intentar seguir organizando estos cursos, porque as mulleres necesitamos colaboración e apoio sempre”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal