Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PARQUE DO RIO FREIXEIRO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O II MERCADO MEDIEVAL
Terá lugar os días 6, 7 e 8 de xullo coa participación de máis de 80 postos.
Narón, 5 de Xullo de 2012.- A Concelleira de Feiras e Mercados de Narón, Mª del Mar Gómez, e o responsable da empresa Fusión Medieval, Antonio Otero, presentaron hoxe en rolda de prensa o II Mercado Medieval que terá lugar este fin de semana (6, 7 e 8 de xullo) no parque fluvial do Río Freixeiro. Nesta segunda edición do mercado medieval, haberá máis de 80 paradas (postos de venta e de restauración), nas que se ofrecerán produtos de alimentación, artesanía, coiro, etc… O horario de apertura será de 11:30 a 15:00 horas e de 17:30 a 00:00 horas. A inauguración oficial terá lugar mañá venres ás 18:00 horas, e contará coa asistencia do Alcalde, José Manuel Blanco. As principais novidades deste ano residen en dous espectáculos: o paseo dun rebaño de ocas polo mercado (acompañadas de dous ‘pastores’) e o desfile dun dragón de 3 metros de altura, movido por 3 persoas, e que incorpora efectos de luz e de humo. Ademáis, haberá paseos en burros, danza do ventre, e obradoiros demostrativos de oficios (herrería e cestería, entre outros). Tamén haberá sitio para os nenos, nun rincón infantil que contará cunha barca, e un espectáculo de bonecos no propio mercado. Este programa de actividades se complementa cos tradicionais pasarrúas e espectáculos de lume e malabares, que animarán o II Mercado Medieval. A Concelleira de Feiras de Narón, Mª del Mar Gómez, fixo un chamamento á cidadanía para que se acheguen ata este mercado a pasar un rato de lecer. Ademáis, expresou a súa satisfacción por continuar con esta actividade, que este ano cumpre xa a segunda edición, e que no 2011 rexistrou unha afluencia de público considerable.
Descarga de archivos
Programación do II Mercado Medieval Narón 2012
Tamaño:51,00 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal