Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE RECIBE ÓS 7 NENOS SAHARAUIS QUE PASAN O VERÁN EN NARÓN
O ALCALDE RECIBE ÓS 7 NENOS SAHARAUIS QUE PASAN O VERÁN EN NARÓN
Forman parte do programa "Vacacións en paz" promovido pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
Narón, 6 de Xullo de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ofreceu hoxe unha recepción institucional ós 7 nenos que participan no programa “Vacacións en Paz”, promovido pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

Nesta ocasión, trátase de 5 nenos e 2 nenas (de entre 7 e 12 anos) que pasarán os meses de xullo e agosto coas súas familias de acollida en Narón. Durante este tempo, disfrutarán do clima e recibirán asistencia médica.

O Alcalde de Narón deulles a benvida e desexoulles “que o pasedes ben, porque este clima é moi distinto ó voso e veredes moita chuvia pero quizás iso tamén o disfrutaredes”. Ademáis, José Manuel Blanco agradeceu á asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui “o traballo que están a facer, con moito esforzo porque cada vez os tempos son máis difíciles e precisamos da solidariedade de todos”, concluíu.

Pola súa banda, a Concelleira de Acción Social, Catalina García, tamén agradeceu ás familias de acollida a súa solidariedade e agardou “que en vindeiros anos siga crecendo, para poder disfrutar de máis nenos”.

No acto de recepción dos nenos saharauis participou tamén a concelleira Marcela Castro (PP).

Os nenos foron obsequiados cunha mochila escolar, e un cheque por valor de 60€ para canxear por material escolar ou xoguetes.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal