Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A BIBLIOTECA ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN SOBRE A ESTANCIA DOS NENOS SAHARAUIS EN GALICIA
A BIBLIOTECA ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN SOBRE A ESTANCIA DOS NENOS SAHARAUIS EN GALICIA
Trátase dun conxunto de fotografías e un documental que ilustran o verán dos nenos saharauis dentro do programa "Vacacións en paz".
Narón, 6 de Xullo de 2012.- O A Concellería de Bibliotecas de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, leva á biblioteca municipal a historia en imaxes de Salama e Jadidja, un neno e unha nena saharauís que forman parte do programa de Vacacións en Paz que trae cada verán a Sanxenxo e outras vilas a rapazas e rapaces que viven e medran nos campos de refuxiados de Alxeria. A mostra fotográfica e o documental, elaborados por Agareso, reflicten a súa experiencia estival en Galicia e a súa vida cotiá no deserto.

A biblioteca municipal de Narón a través do ciclo de exposicións programado dentro do marco do Programa “Bibloespazo 4”, acollerá a partir do vindeiro luns 9 de xullo a exposición ‘De Sanxenxo ao Sáhara: Vacacións en Paz’, da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso). A mostra, con entrada de balde, poderase visitar ata finais de mes en horario de 9.00 a 14:30 horas de martes a venres, e de 16 a 21 horas os luns e mércores.

O fotógrafo Pelu Vidal, xunto coas xornalistas Natalia Puga e Lara Varela, e o cámara Suso Lago, baixo a coordinación de Laura López, realizaron este proxecto de sensibilización no ano 2008. Ademais das fotografías, gravouse o documental ‘Galicia-Sáhara: Vacacións en Paz’, que tamén se proxectará este mes en Narón.

No verán de 2008, o equipo de reporteiros de Agareso seguiu a estancia dun neno e unha nena saharauís en Sanxenxo, xunto coa súa familia galega, e acompañounos no seu regreso á casa despois de pasar dous meses na nosa terra. O programa Vacacións en Paz, operativo desde hai 18 anos, permite dar unha tregua aos máis pequenos durante os meses de verán, cando as temperaturas no deserto roldan os 50 graos.

A selección de imaxes desta exposición pretende reflectir a experiencia de Salama e Jadidja. A través da serenidade de Salama e a espontaneidade de Jadidja, as e os reporteiros transmítenlle á sociedade o día a día da poboación saharauí e amosan que as diferenzas entre un neno ou unha nena de Galicia e outro do Sáhara son máis ben superficiais, e que tanto alí como aquí o cariño da súas familias e a capacidade para aprender e divertirse son común a todos. Agareso tentou trasladar tamén a Galicia a tenrura das xentes do Sáhara e a súa paixón por conversar, que fan desta rexión desértica o país das palabras.
O Programa "Vacacións en Paz" é un proxecto de acollida temporal de menores saharauís que se vén desenvolvendo o Concello de Narón dende 1996 e permite que, durante os meses de Xullo e Agosto, nenos e nenas de 8 a 12 anos saian dos Campamentos de Refuxiados saharauís de Tindouf veñan a Narón acollidos por familias que os/as tratan como a un e unha máis da casa.

Este programa se leva a cabo pola Asociacion de Amigos do Pobo Saharauí en colaboración coa Delegacion saharauí de Galicia, cos seguintes obxectivos:

-Ausentarse durante un curto espazo de tempo dos campos de refuxiados, xa que alí danse unhas condicións durísimas nese período (temperaturas de máis de 50º)
-Dar a todos a posibilidade de ter experiencia única, coñecer unha nova cultura, un novo idioma, uns novos costumes, aprendizaxe da lingua castelá e galega...
-Someter aos nenos e nenas a revisións médicas periódicas, o que lles dará unha oportunidade para crecer máis sans.
-Sensibilizar a través da estancia dos nenos/as á poboación da nosa comunidade sobre a situación do pobo saharaui.
- Suplir as carencias nutricionais necesarias para que, á súa volta, as súas familias biolóxicas consigan sacarlles adiante.

Durante os meses de xullo e agosto deste ano 2012, 7 menores saharauis participarán neste programa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal