Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A FUNDACIÓN ARTABRIA CELEBRA OS DÍAS 20 E 21 DE XULLO O XII FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA
A FUNDACIÓN ARTABRIA CELEBRA OS DÍAS 20 E 21 DE XULLO O XII FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA
O concerto principal será o sábado no paseo marítimo de Xuvia, pero tamén haberá un partido de fútbol Gaélico entre Galicia e Bretaña, o venres no campo de fútbol de O Cadaval.
Narón, 18 de Xullo de 2012.- A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa o XII Festival da Terra e da Lingua “A nosa é a galega!” organizado pola Fundación Artabria en colaboración co Concello de Narón. Este festival desenvolverase o venres 20 e o sábado 21 de xullo.

As actividades comenzarán o venres coa celebración dunha mesa redonda (ás 19:30 horas) baixo o título “A oficialidade en debate” no local da AVV Altea (Xuvia). Participarán Raúl Ríos (membro de Siaireir@s Galeg@s) e Wenceslao Zapata (membro da Selección Nacional de Futbol Gaélico)

A continuación, ás 21:00 horas disputarase un partido de fútbol gaélico (unha práctica deportiva moi extendida en Irlanda, a medio camiño entre o fútbol e o rugby, con 15 xogadores por equipo) no campo de fútbol de O Cadaval (Piñeiros), entre as seleccións de Galicia e Bretaña.

O sábado será o día principal deste festival, con actividades durante todo o día. Este ano cambia de escenario, pasando da área recreativa de Pedroso ó paseo marítimo de Xuvia. Alí terá lugar a partires das 13:00 horas a presentación do festival e unha sesión vermut na carpa instalada para a ocasión. A continuación, ás 14:00 horas organizarase unha churrascada (con prezos populares) e ás 16:30 horas comenzará o Festivalzinho (obradoiro de xogos tradicionais, coma a corda, a petanca, o trompo…). De seguido, ás 17:30 horas realizaranse Xogos Populares (coma a chave ou a rá).

Finalizada a tarde, ás 21:30 horas terá lugar a Lectura do Pregón, que este ano correrá a cargo de Pili Neira, seleccionadora nacional feminina de fútbol gaélico. A pregoeira dará paso ó prato forte do Festival: o Concerto, que principiará ás 22:00 e no que participarán os seguintes grupos:

-Fracasados de antemano (A Coruña)
-Trapalhada (A Coruña)
-Betagarri (País Vasco)
-Cuchufelhos
-DZ Selectors (San Sadurniño)

A entrada é de balde. A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, fixo un chamamento público á participación da xuventude neste evento, “de carácter público. É un festival moi aberto á xente, e queremos que participe e o disfrute todo o mundo”, sinalou. A edil agradeceu a Artabria “o enorme esforzo por continuar organizando, por duodécimo ano consecutivo, este festival, que está moi consolidado dentro das rutas de festivais que se están a facer pola comarca”.

Pola súa parte, Montse Díaz e Vítor Santalha, membros da Fundación Artabria, agradeceron ó Concello o seu apoio para poder levar a cabo este completo programa de actividades que conforman o Festival da Terra e da Lingua. Ademàis, lembraron que a Fundación Artabria naceu no ano 1992 como asociación en Narón, converténdose en fundación no ano 1998. Defende o reintegracionismo, e traballa pola unidade lingüística galego-portuguesa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal