Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RECEPCIÓN ÓS GRUPOS QUE PARTICIPAN NO XXII FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE
Acuden conxuntos das Illas Canarias, Turquía, Rusia, México e Narón.
Narón, 20 de Xullo de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ofreceu hoxe unha recepción institucional ós grupos que participarán no XXII Festival Internacional de Folclore que se celebrará no Pazo da Cultura mañá sábado a partires das 21:00 horas, con entrada de balde. Á convocatoria acudíu unha parella de cada formación, ataviada co traxe típico rexional, e o Alcalde obsequioulles cunha serie de libros e guías sobre o municipio de Narón. Ademáis, José Manuel Blanco deulles a benvida á cidade desexándolles “que teñades unha estancia acolledora, e que aproveitedes para coñecer Narón e o seu entorno”. O rexedor lembrou que este festival permite “coñecer a riqueza cultural que existe nos diferentes países do mundo”. Tódolos participantes obsequiaron tamén ó Alcalde con diferentes souvenirs e productos típicos do seu país ou rexión, no caso das Illas Canarias. Os grupos participantes nesta nova edición son os seguintes: -Banda de gaitas do Padroado de Cultura de Narón. -Grupo de danza tradicional “Alxibeira” de Narón. -Asociación folklórica Estrella y Guía de Gran Canaria. -Istambul Sis Performing Arts Youth and Sports Club Society de Turquía. -Conxunto de Danza e Música “Rusia” de Krasnogorsk, Rusia. -Compañía de Danza Folclórica “Alma Huasteca” e “Mariachi Son de Hidalgo” de México.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal