Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE REÚNESE CUNHA REPRESENTACIÓN DO CORPO DE BOMBEIROS DE FERROL
Informoulles da prórroga do convenio ata finais do 2012 e da necesidade de crear un parque comarcal.
Narón, 23 de Xullo de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, mantivo hoxe unha xuntanza no Concello cunha representación do Corpo de Bombeiros de Ferrol. O encontro, calificado coma “moi cordial” por parte do Alcalde, servíu para que o rexedor lles explicase de primeira man os últimos pasos dados polo Concello de Narón en relación coa prestación do servizo contraincendios neste municipio. Así, José Manuel Blanco informoulles da prórroga do convenio entre Ferrol e Narón, ata o 31 de decembro de 2012, para a prestación deste servizo. O acordo será levado ó Pleno Ordinario deste mes. Pero tamén indicoulles a intención, por parte de ambos municipios de crear nun futuro un parque comarcal, ó que os Bombeiros amosaron a súa total conformidade e o seu respaldo. Ademáis, José Manuel Blanco explicoulles que o Concello de Narón levará a Pleno (xoves dia 28 ás 19:00 horas) a modificación do Servizo de Protección Civil e aprobación do regulamento do Servizo de Emerxencia, Protección Civil e Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Narón, creando así unha nova unidade administrativa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal