Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONCELLOS POLOS QUE DISCURRE O RÍO XUVIA COLABORARÁN PARA POTENCIAR ESTE ESPAZO NATURAL
Os alcaldes de Narón, Neda, Moeche, San Sadurniño e As Somozas solicitarán unha subvención europea para dinamizar o entorno.
Narón, 26 de Xullo de 2012.- O Concello de Narón acolleu hoxe unha reunión de traballo entre os representantes municipais de tódolos concellos polos que discurre o río Xuvia (agás o de As Somozas, que non puido acudir): Narón, Neda, Moeche, e San Sadurniño. Por parte de Narón estiveron presentes o Alcalde, José Manuel Blanco, o Concelleiro de Medioambiente, Manuel Ramos, e o Concelleiro de Promoción Económica e Infraestructuras Públicas, Pablo Villamar. Tamén acudiron, entre outros, o alcalde de San Sadurniño, Secundino García, o Concelleiro Servizos Sociais de Neda, José Gradaille, e o Teniente de Alcalde de Moeche, Faustino Pita. O obxectivo desta reunión era trazar unha folla de ruta conxunta, para poder dinamizar ó máximo o espazo natural do río Xuvia, que percorre todos estos municipios. Os responsables municipais acordaron elaborar unha serie de propostas para mellorar este hábitat natural (preservando a súa vexetación e a súas especies animais) para o cal contarán coa axuda dunha empresa, cuxos técnicos se entrevistarán individualmente cos responsables de cada municipio para analizar as súas características, de cara á elaboración dun plan de recuperación integral deste espazo, integrado na Rede Natura. Unha vez finalizado o traballo de campo, solicitarase á Unión Europea unha subvención para poder executar o proxecto, con cargo ó programa Life+, que financia proxectos en materia medioambiental. Ademáis, buscarase a colaboración doutras administracións coma a Xunta de Galicia e a Deputación de A Coruña.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal