Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
REUNIÓN CO COMITÉ DE EMPRESA DE FEVE PARA ANALIZAR OS RECORTES QUE PRANTEXA REALIZAR A COMPAÑÍA FERROVIARIA NA LIÑA FERROL-ORTIGUEIRA
REUNIÓN CO COMITÉ DE EMPRESA DE FEVE PARA ANALIZAR OS RECORTES QUE PRANTEXA REALIZAR A COMPAÑÍA FERROVIARIA NA LIÑA FERROL-ORTIGUEIRA
Os alcaldes dos municipios afectados apoian as reivindicacións do comité de empresa, que pasan polo mantemento das frecuencias das liñas actuais.
Narón, 27 de Xullo de 2012.- Os representantes municipais dos concellos de Narón, Cerdido, San Sadurniño, Ortigueira, e Moeche reuníronse hoxe no Concello con membros do comité de empresa de FEVE (Ferrocarriles de Vía Estrecha) quenes lles expresaron a súa preocupación polo recorte de servizos que ten previsto realizar a compañía ferroviaria a partires do 1 de outubro de 2012, que suporá unha merma de máis do 40% en trenes de cercanías e un 25% en trenes rexionais.

Esta redución de servizos afectaría á frecuencia da liña Ferrol-Ortigueira, que sufriría un recorte de 19 saídas diarias, deixando sen servizo a franxa horaria entre as 9:30 e as 12:30 horas. Ademáis, FEVE ten previsto eliminar o tren rexional das 8.10 horas en inverno, e os cercanías de Ferrol a San Sadurniño ás 2.20 horas (cando se ten solicitada a súa ampliación ata Ortigueira).

Os representantes municipais apoiaron as reivindicacións do comité de empresa de FEVE, quen reclama unha adaptación dos horarios ás necesidades dos viaxeiros, para facer así rentable o transporte público. Solicitan que non se realicen estos recortes, xa que de facelos, deixaríanse ós usuarios sen alternativas de comunicación –debido a que o tren é o único modo de transporte existente en moitas zonas, dada a dispersión xeográfica existente- e ademáis, quedarían sin cubrir zonas importantísimas, coma as sanitarias ou as educativas.

Os políticos acordaron enviar unha carta ó presidente de FEVE, Marcelino Oreja, para informarlle desta situación e reclamar que se dea marcha atrás ós recortes nas frecuencias dos trenes. Á xuntanza asistiron o Alcalde de Narón (Jose Manuel Blanco) e o concelleiro de Transporte Público (Mario Isasi), a Alcaldesa de Cerdido (Ana Rodriguez), o Alcalde de San Sadurniño (Secundino García), a Concelleira de Benestar Social e Sanidade de Ortigueira (Ana Castro), e o Tenente de Alcalde de Moeche (Faustino Pita). Tamén tense acadado o apoio do Alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey.

O comité de empresa de FEVE estivo representado por José Manuel Gajo, Gregorio Bermejo, Ignacio Cascón e Arsenio José Agras. Todos eles lembraron a función vertebradora e social que ten o ferrocarril como medio de transporte.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal