Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
CONVERXENCIA GALEGA INTÉGRASE NO GOBERNO MUNICIPAL DE NARÓN
CONVERXENCIA GALEGA INTÉGRASE NO GOBERNO MUNICIPAL DE NARÓN
A edil Mª Rodríguez Porto ocuparase das áreas de Turismo, Novas Tecnoloxías e Relacións Institucionais.
Narón, 7 de Setembro de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, compareceu hoxe en rolda de prensa para presentar o novo pacto de goberno asignado co partido Converxencia Galega, cuxa concelleira pasa a integrarse no goberno municipal xunto cos partidos de Terra Galega (TEGA), PSOE e BNG.

María Rodríguez Porto, pasará a asumir as delegacións de Relacións Institucionais e Novas Tecnoloxías, e Turismo (esta última área era gobernada por Mª del Mar Gómez, de TEGA, quen pasa a asumir a delegación de Festas, dirixida ata agora por Guillermo Sánchez Fojo, do mesmo partido).

As funcións que levará a cabo a nova representante do goberno municipal, formado agora por 13 persoas, son as seguintes:

- Relacións Institucionais e Novas Tecnoloxías: dar soporte xeral á Alcaldía nas relacións cos cidadáns, empresas e organismos públicos. Imaxe corporativa. Campañas de publicidade institucional. Telefonía, voz e datos de carácter interno. E servizo de Wifi na zona rural.

- Turismo: estudio do inventario de instalacións de interese turístico. Confección de guías e documentación turística. Propostas de criterios para outorgar subvencións ás distintas entidades. Coordinación con outras administracións públicas en materia de promoción turística.

Sobre o novo acordo de goberno, o Alcalde de Narón (que compareceu acompañado pola nova edil do goberno, e os socios do PSOE –Catalina García- e o BNG –Pablo Villamar-) declarou que “foi un pacto fácil de levar a cabo porque a nosa ideoloxía e os nosos programas electorais son moi similares, e dende sempre mantivemos o interés por sumar esforzos e integrar ó maior número de forzas posibles”.

O rexedor destacou a boa saúde da coalición de goberno de Narón, sinalando que “aquí hai un goberno único, e que toma as decisións en conxunto. O novo pacto mellorará a actividade que xa tíñamos e suporá mellorar tamén a atención ós veciños”.

A concelleira María Rodríguez Porto non terá ningún tipo de dedicación exclusiva –nin parcial nin total-, que tan só teñen 2 representantes (o propio Alcalde e un edil) dos 13 que forman parte do goberno municipal de Narón. Tan só cobrará o que xa está estipulado nos Orzamentos Municipais do 2012, e que tamén reciben o resto de concelleiros (por asistencias a comisións e plenos).

Pola súa banda, María Rodríguez Porto declarou que dende o primeiro día desta nova lexislatura “Converxencia Galega estivo traballando nunha oposición constructiva, facendo propostas e intentando sacalas adiante, ó contrario que o outro partido que está na oposición”. A delegada asegurou que Narón “é un concello atípico, que creo que supón un exemplo para outros. E eu chego aquí con ilusión e gañas de traballar polo ben dos nosos veciños e a nosa comunidade”, apuntou.

O portavoz do BNG, Pablo Villamar, destacou o momento de especial dificultade que está a atravesar o conxunto do país, respecto ó cal declarou que “nesta situación tan complexa, a colaboración de todos é imprescindible. E se o goberno tripartito está funcionando ben, penso que o cuatripartito pode ir igual de ben”, sinalou. Ademáis, destacou a actitude de colaboración da edil de Converxencia Galega dende a oposición neste último ano de goberno.

En representación do PSOE, Catalina García apuntou o exemplo que está a dar Narón con este pacto de goberno a outras corporacións municipais, e salientou que María Rodríguez Porto “dende que entrou a formar parte da Corporación Municipal de Narón demostrou que quere traballar para sacar Narón adiante, e iso é de destacar”.

Finalmente, o portavoz de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, asegurou que en Narón estase a practicar a “normalidade democrática que tería que ser común en tódolos municipios".



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal