Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO AMPLIARÁ O EDIFICIO DE PROTECCIÓN CIVIL PARA DAR SERVIZO A DOUS VEHÍCULOS CONTRAINCENDIOS
O CONCELLO AMPLIARÁ O EDIFICIO DE PROTECCIÓN CIVIL PARA DAR SERVIZO A DOUS VEHÍCULOS CONTRAINCENDIOS
Construirase un garaxe anexo con capacidade para unha motobomba e un camión escaleira.
Narón, 10 de Setembro de 2012.- O Concello de Narón ven de recibir unha subvención da Xunta de Galicia para a ampliación do edificio de Protección Civil en Río do Pozo. A achega foi solicitada polo goberno local o 8 de xuño de 2012, e a aprobación desta subvención foi comunicada oficialmente no día de hoxe.

Así, a Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia outorgará a Narón 31.994€ para esta obra (o que supón o 80% do total, presupostado en 39.993€), con cargo ó Fondo de Compensación Ambiental do Eido Local.

Os traballos consisten na ampliación do garaxe actual, mediante a execución de dous módulos (cara ó norte do edificio) con estrutura metálica, un ancho de 5 metros e unha profundidade de 15,50 metros.

A nova edificación ten capacidade para unha motobomba e un camión escaleira para prestar o servizo contraincendios, aínda que Narón segue apostando pola creación dun Parque Comarcal de Bombeiros, tal e como lembrou o Alcalde, José Manuel Blanco.

A nova obra ten un prazo de execución de tres meses, e deberá estar finalizada e xustificada a subvención antes do 30 de decembro de 2012.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal