Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
XORNADA INFORMATIVA SOBRE OS RECURSOS DISPONIBLES PARA A MOCIDADE GALEGA
Se desenvolverá na Biblioteca do Alto o próximo 19 de setembro, en horario de tarde. Os interesados en asistir deberán inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).
Narón, 10 de Setembro de 2012.- A Biblioteca Municipal de O Alto acollerá o vindeiro mércores 19 de setembro unha xornada informativa incluida no programa “ACTIVA” da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia. Trátase dun programa dirixido ó mocidade de tódolos municipios galegos, que pretende facer chegar á xuventude a información sobre os recursos disponibles e formación que lles poda axudar de cara a un futuro. A Xunta de Galicia inclúe neste programa cinco obradoiros diferenciados, dos que ó Concello de Narón lle foi concedido o de Programas e axudas para mozos/as, que versará sobre as oportunidades e medios que ten este colectivo en temas como a vivenda, mobilidade, voluntariado, asociacionismo, emprego e bolsas e axudas. O obradoiro se desenvolverá na sala multiusos da Biblioteca, en horario de 17:30 a 19:30 horas, e está destinada ós menores de 30 anos, técnicos/as locais de emprego, animadores/as xuvenís, concelleiros/as de xuventude, asociacións, grupos informais e en xeral a calquera colectivo interesado no ámbito da xuventude. A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, fixo un chamamento público a tódolos mozos e mozas do municipio para que participen nesta xornada, que serviralles para coñecer os recursos á súa disposición. Para asistir é preciso inscribirse previamente na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello –situada na 1ª pranta, e aberta en horario de mañá- ou ben chamando ó teléfono 981 33 77 00 (extensión 1103).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal