Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO HABILITA UNHA OFICINA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ PARA ATENDER ÁS ENTIDADES DO MUNICIPIO
O CONCELLO HABILITA UNHA OFICINA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ PARA ATENDER ÁS ENTIDADES DO MUNICIPIO
Ubícase na pranta baixa da Casa de Cultura, na Praza de Galicia.
Narón, 11 de Setembro de 2012.- A Concelleira de Participación Cidadá de Narón, Catalina García, presentou hoxe a Oficina de Participación Cidadá que tense habilitado no baixo da Casa da Cultura de Narón. O novo espazo público abrirá de luns a venres en horario de 10.30 a 13.30 horas, e os luns pola tarde de 16.30 a 19.30 horas, e dará servizo ó texido asociativo de Narón.

As entidades con sede en Narón tamén poden dirixirse a esta oficina a través do correo electrónico escoladeparticipacion@naron.es ou ben nos teléfonos 981 337 700 (extensión 1141) e 607 895 706.

Segundo explicou a concelleira Catalina García, a Oficina de Participación Cidadá “vai ser un punto de información para es entidades de Narón, ás que se se está a informar sobre a convocatoria de subvencións para o 2012 cuxo prazo finaliza o 22 de setembro”. Esta convocatoria conta cunha partida orzamentaria de 40.000€.

Outra das actividades que está a promover a Oficina de Participación Cidadá é a organización de xuntanzas coas asociacións en diferentes parroquias de Narón. Trátase de encontros informativos ós que están convocadas tódalas entidades que están emprazadas en cada parroquia ou barrio, e que se celebrarán nos locais sociais municipais correspondentes. Así, a primeira delas se realizará o mércores 12 de setembro, ás 20:00 horas no local social de Piñeiros, e xa foron convocadas a participar 12 entidades do barrio.

O xoves dia 13 terá lugar outro encontro, ás 20:30 horas no local social municipal de Doso. Nestas reunións explicaranse os contidos do Regulamento de Participación Cidadá.

Por outra banda, a Concelleira de Participación Cidadá explicou que proximamente se levará a cabo unha actualización do listado de entidades con sede en Narón, co fin de depurar e adecuar á realidade os datos das asociacións, xa que dende o ano 2008 non foi revisado o censo asociativo. As entidades que non informen da sua existencia serán dadas de baixa, logo de publicar o listado correspondente no BOP e de darlles un prazo de 10 días para poder manter o seu rexistro e actualizar os datos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal