Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCOLA DE MÚSICA MODERNA ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN O DIA 17 DE SETEMBRO
A matrícula pode realizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada no 1º andar do Concello.
Narón, 13 de Setembro de 2012.- A Escola de Música Moderna, dependente da Concellería de Mocidade de Narón, abrirá o vindeiro luns 17 de setembro o prazo de matrícula –ata agotar prazas- para asistir ás clases de guitarra, batería e baixo. Tamén ábrese o mesmo día o prazo para solicitar as aulas de ensaio por parte dos grupos musicais. Tanto as clases coma as aulas de ensaio ubícanse na Casa da Mocidade, en A Gándara. A inscrición en ambos casos deberá realizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello -situada no 1º andar do edificio consistorial- en horario de mañá. Poderán inscribirse nas clases de música os mozos/as de 12 a 26 anos de idade, empadroados en Narón. Para empregar as aulas de ensaio, deberán ser grupos de música que teñan como mínimo un membro de Narón, e poderán empregalas de martes a sábados nunha marxe horaria de 16:00 a 22:00 horas. As clases de aprendizaxe musical de guitarra terán tres horarios posibles en función dos coñecementos previos do alumnado. Así, haberá dous grupos de iniciación (para mozos/as que queiran iniciarse no mundo da guitarra e non teñan coñecementos previos) e un grupo de perfeccionamento (para mozos/as que xa teñan coñecementos previos de guitarra e queiran ampliar contidos e perfeccionalos). As clases de batería e as clases de baixo comezarán cun único horario, tendo a posibilidade de incrementarse en función da demanda existente. O prezo é de 7,84€ usuario/a ou grupo ao mes (tal e como establece a Ordenanza nº15, reguladora da taxa por servizos prestados polo Servizo Sociocomunitario).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal