Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO PROXECTA REPOÑER O PAVIMENTO NAS RÚAS SOUTOMAIOR E VIGO, NO BARRIO DE A GÁNDARA
O CONCELLO PROXECTA REPOÑER O PAVIMENTO NAS RÚAS SOUTOMAIOR E VIGO, NO BARRIO DE A GÁNDARA
O Alcalde de Narón recibíu ó presidente da Asociación de Veciños de A Gándara para informarlle das actuacións que se realizarán nesta zona.
Narón, 20 de Setembro de 2012.- O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, mantivo esta semana unha xuntanza de traballo co presidente da Asociación de Veciños de A Gándara, Gilberto Castro, para falar de dúas obras que se levarán a cabo proximamente neste barrio.

Así, o rexedor explicoulle ó representante da entidade veciñal que neste outono está previsto realizar a reposición de pavimento na rúa Pintor Soutomaior e na rúa Vigo. O importe total de ambas actuacións supera os 100.000 euros (Pintor Soutomaior: 56.164€ e Vigo: 51.998€ respectivamente) que serán engadidos ó Orzamento Municipal mediante unha incorporación de crédito que se levará ó Pleno Ordinario previsto para o día 27 de setembro.

Posteriormente, o proxecto sairá a concurso e despois procederase á súa contratación. O Alcalde de Narón explicou que a repavimentación destas dúas rúas resulta fundamental xa que trátase de viais moi transitados e que están deteriorados a causa do seu uso. “Estas actuacións forman parte do noso empeño en invertir para mellorar os servizos que presta o Concello ós veciños”, declarou Xosé Manuel Blanco.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal