Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVOCADA A III EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA PAISAXÍSTICA
Poden participar tódalas persoas que o desexen. Haberá tres premios de 600, 300 e 150 euros respectivamente.
Narón, 21 de Setembro de 2012.- A Concellería de Turismo de Narón, dirixida pola edil Maria Rodríguez Porto, ven de presentar a 3ª edición do Concurso de Fotografía destinado a difundir a riqueza paisaxística, cultural e social do municipio de Narón. O prazo para presentar as imaxes permanecerá aberto do luns 1 de outubro ó mércores 31 de outubro. As bases do concurso poderán consultarse na páxina web do Concello (www.naron.es). Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías, en branco e negro ou en color, e o xurado valorará especialmente que sexan dun lugar recoñecible. As imaxes deberán ser inéditas e poderán ser retocadas pero non se admitirán montaxes nin superposicións. A inscrición é de balde e poderán participar tanto fotógrafos afeccionados como profesionais maiores de idade. Haberá tres premios en metálico, de 600€, 300€ e 150€ respectivamente. A principal novidade deste ano é a composición do Xurado, que estará formado polos fotoperiodistas Kiko Delgado (El Correo Gallego), Daniel Alexandre (Diario de Ferrol) e José Pardo (La Voz de Galicia), ademáis da propia Concelleira de Turismo, e a responsable de Prensa do Concello.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal