Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NARÓN
XORNADA DE PORTAS ABERTAS  NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NARÓN
Celébrase o sábado 20 de outubro, con visitas guiadas polo seu interior. É preciso inscribirse previamente.
Narón, 10 de Outubro de 2012.- A Concellería de Educación e Bibliotecas, dirixida por Mª del Carmen Espada, organiza unha xornada de portas abertas na Biblioteca Pública Municipal o día 20 de outubro co obxectivo de:

• Homenaxear e visibilizar o papel das bibliotecas na difusión da cultura e na garantía ao libre acceso a información.
• Dar a coñecer a toda a cidadanía os diferentes tipos de biblioteca así coma todos os recursos que estas ofrecen.
• Fomentar proxectos de colaboración con outras entidades e institucións.

Programa da Xornada de portas abertas:

Data: 20 de outubro de 2012.

Horario: Tres turnos:
1º turno: de 10:00 a 11:00 horas.
2º turno: de 11:00 a 12:00 horas.
3º turno: de 12:00 a 13:00 horas.

Descrición:

A actividade consistirá nunha visita guiada por todo o edificio que alberga a biblioteca, de maneira que o usuario coñeza os espazos aos que xeralmente non ten acceso. En cada espazo en concreto se explicarán as tarefas bibliotecarias que se realizan e que os usuarios non ven directamente: selección de fondos, catalogación, preparación física dos documentos, encadernación, arquivo…

Ademáis, nos espazos de libre acceso se darán nocións básicas de organización do fondo bibliográfico e das normas xerais de uso. Se repasarán
tamén todos os servizos que a biblioteca ofrece, para aqueles usuarios que descoñezan algún deles.

Público ao que vai dirixida:

A actividade está destinada a usuarios/as maiores de 14 anos, xa que o público infantil ten a oportunidade de facer o mesmo percorrido nas visitas guiadas cos centros escolares.


Percorrido:

Na planta baixa visitaranse:

-Os dous espazos de traballo interno, un dos cales alberga o fondo audiovisual.
-O arquivo onde se gardan os materiais e as máquinas plastificadora e encadernadora.

Na primeira planta poderase ver:

-O depósito de libros que non están en libre acceso pero que teñen a mesma política de préstamo e uso que os que si están.
-O arquivo onde se gardan as publicacións periódicas e os fondos de acceso restrinxido.

E na segunda planta:

-A sala de usos múltiples onde se celebran actividades tan diversas coma presentación de libros, audicións, proxeccións, cursos e obradoiros, charlas…
-Os seminarios de estudio, espazos pensados para a investigación pero que se ofrecen ao público en xeral coma alternativa cando a celebración de actividades interfire co estudio na sala de lectura.

Inscrición:

Será necesaria unha inscrición previa nalgún dos tres turnos, que terán un límite de 15 persoas. As plazas otorgaranse por orde de inscrición.
Poderase establecer unha lista de espera que, no caso de ser moi numerosa, posibilitará que se establezan novos turnos nas últimas horas do mércores día 24 de outubro.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal