Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE ORGANIZA UN OBRADOIRO DE AUTOPROTECCIÓN ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Dirixido a mulleres, se impartirá do 26 ó 30 de novembro no Centro Comunitario das Casas da Marina. É imprescindible inscribirse previamente no Concello.
Narón, 11 de Outubro de 2012.- A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, está a poner en marcha unha serie de accións para sensibilizar á poboación sobre o tema da violencia de xénero. Trátase de concienciar á poboación sobre esta problemática, analizando as súas causas, as formas de manifestarse e os medios para combatela. Esta actividade faise con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Dia Internacional contra a Violencia de Xénero. Así, o Concello porá en marcha un obradoiro gratuito baixo o título “Autoprotección ante a violencia de xénero”, dirixido ás mulleres de Narón e con inscripción gratuita. Se impartirá do 26 ó 30 de novembro, en horario de 17 a 19:15 horas, no Centro Comunitario das Casas da Marina. Este taller divídese en cinco sesión de traballo progresivo, para as cales resulta imprescindible a inscrición previa. Así, o prazo abrirase o dia 15 de outubro ata cubrir prazas. A inscripción realizarase no Rexistro Xeral do Concello, por rigorosa orde de entrada das solicitudes, tendo preferencia as mulleres vítimas da violencia de xénero. Para máis información, pódese chamar ó teléfono 981 33 77 00 (extensión 1113). O obxectivo desta actividade é aumentar os coñecementos das mulleres no relativo á violencia de xénero, e dotalas das ferramentas físicas e psicolóxicas necesarias para evitar as situacións nas que a muller poida chegar a ser vítima dunha agresión, ou sair co menor menoscabo posible dela e pedir axuda, no caso de que se produzca. Para elo, abordaranse algunhas das técnicas básicas, fundamentais e sinxelas para defenderse físicamente e psicolóxicamente das agresións, maltratos, vexacións e abusos contra as mulelres. En concreto, traballarase sobre cómo manter a calma en situación de agresión, aconciencia do espazo no lugar onde se produce o ataque, e cómo utilizar a postura e a voz –entre outros elementos- para protexerse.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal