Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A POLICÍA LOCAL HABILITA 12 NOVAS PRAZAS DE APARCAMENTO NA AVENIDA RAFAEL BÁREZ
A POLICÍA LOCAL HABILITA 12 NOVAS PRAZAS DE APARCAMENTO NA AVENIDA RAFAEL BÁREZ
O estacionamento pasa a realizarse en semibatería invertida, e a maniobra deberá realizarse marcha atrás.
Narón, 26 de Outubro de 2012.- A Policía Local de Narón ven de cambiar o sentido do estacionamento na Avenida Rafael Bárez (na zona de “Ciudad Europa”, frente ó Pazo da Cultura) para darlle maior seguridade á circulación.

Así, na marxe esquerda desta avenida –onde ata o de agora estacionábase en liña- o estacionamento é dende onte en semibatería invertida. A maniobra de aparcar faise agora marcha atrás, con visibilidade semellante a cando se estaciona en ringleira. A incorporación á circulación é moito máis segura, porque aumenta o campo de visión do conductor.

Outra das vantaxes é que a manipulación de obxectos no maleteiro faise dende a beirarrúa, e non dende a calzada, e polo tanto de forma segura.

Ademáis, con esta nova forma de estacionamento téñense gañado 12 prazas máis, o que supón un incremento do 60% do estacionamento nese espazo, onde antes podían aparcar en liña un total de 20 vehículos.

Por outro lado, para facilitar o cambio de sentido da marcha e o estacionamento dos vehículos que se incorporan á Avenida Rafael Bárez dende a Estrada de Castela, a Policía Local habilitou onte unha nova semiglorieta (no cruce da Avenida Rafael Bárez coa rúa Vilar Ponte, frente ó Centro de Maiores Manuela Pérez Sequeiros).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal