Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS DE FORMACIÓN
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS DE FORMACIÓN
Dirixidos a persoas empadroadas en Narón e demandantes de emprego.
Narón, 31 de Outubro de 2012.- A Concellería de Formación Laboral e Emprego de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, abre o luns 5 de novembro o prazo de inscrición para os cursos de formación “Camiño do Emprego III”. Trátase da terceira edición destos seminarios, dirixidos a demandantes de emprego empadroados en Narón. Estos dous son os únicos requisitos para inscribirse no programa.

As persoas interesadas deberán presentar unha solicitude no Rexistro Xeral do Concello, en horario de mañá, do 5 ó 16 de novembro. Posteriormente, deberán participar nunha entrevista de selección/orientación que terá lugar no Centro de Formación Irmáns Froilaz, os días 19 e 20 de novembro.

O programa “Camiño de Emprego III” ofrece os seguintes cursos:

-Curso de agrogandeiría: 12 prazas (400 horas)

-Curso de construcións metálicas: 12 prazas (300 horas)

-Cursos de habilidades múltiples laborais:
Prevención de risco e xestión medioambiental: 50 prazas (60 horas)
Alfabetización dixital para o emprego: 30 prazas (25 horas)
Atención ó público en actividades laborais: 12 prazas (75 horas)
Atención en cafeterías e restaurantes de calidade: 12 prazas (75 horas)
Habilidades para o autoemprego: 30 prazas (10 horas)
Manipulador de alimentos: 50 prazas (10 horas)

Con estos programas, o Concello trata de ofrecer unha formación polivalente ós desempregados, deseñando cursos específicos para tódolos sectores económicos: primario, secundario e terciario.

Ademáis, a Concellería de Formación Laboral e Emprego continúa apostando tamén polo autoemprego, orientando laboralmente e axundando ós interesados a crear emprego autónomo. O Concello ofrece asesoramento dunha técnico de emprego e dunha orientadora laboral, no teléfono 981 33 77 00 (extensións 1107 e 1123).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal