Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS LÍMITES DO CAMIÑO DE SANTIAGO INGLÉS Ó SEU PASO POR NARÓN
EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS LÍMITES DO CAMIÑO DE SANTIAGO INGLÉS Ó SEU PASO POR NARÓN
Pódense consultar no departamento de Urbanismo do Concello, ata o 19 de decembro de 2012.
Narón, 5 de novembro de 2012.- A Concellería de Urbanismo de Narón, dirixida polo edil Manuel Ramos, mantén a exposición pública a delimitación do Camiño de Santiago Inglés ó seu paso por Narón.

Estos límites foron establecidos pola Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, e publicados no DOG do xoves 18 de outubro de 2012.

A información permanecerá a exposición pública no departamento de Urbanismo do Concello (6ª pranta), onde os afectados poderán informarse e mesmo presentar as alegacións que consideren oportunas, para o cal se lles entregará un impreso. O prazo remata, en ambos casos, o 19 de decembro de 2012.

Os principais lugares afectados pola protección do Camiño Inglés son a zona de A Faisca, o entorno do Muiño de As Aceñas, e o paseo marítimo de Xuvia.

Os Camiños de Santiago contan cunha regulación específica, recollida na Lei 3/1996, do 10 de maio, de Protección dos Camiños de Santiago (DOG nº 105, do 23 de maio). A delimitación do Camiño Inglés servirá para establecer un ámbito de protección que garanta a integridade e autenticidade desta ruta xacobea, e favorecer a conservación dos valores asociados a este ben patrimonial de primeira orde.

Os límites do Camiño de Santiago non comprenden tan só a súa dimensión física (entre 1 e 3 metros de ancho) senón que delimitan un ámbito territorial máis amplo, que se identifica como territorio histórico, sobre o cal pesa tamén esa protección.

En xeral, a delimitación ten como referencia unha banda a cada lado do camiño duns 100 metros, englobando as áreas de protección dos elementos patrimoniais próximos ao camiño e os núcleos de poboación polos que discurre.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal