Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ORZAMENTO DO CONCELLO DE NARÓN PARA O ANO 2013 FÍXASE EN 27,2 MILLÓNS DE EUROS
O ORZAMENTO DO CONCELLO DE NARÓN PARA O ANO 2013 FÍXASE EN 27,2 MILLÓNS DE EUROS
O documento contable aprobarase no Pleno Ordinario que se celebra o xoves 29 de novembro.
Narón, 22 de Novembro de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, ofreceron hoxe unha rolda de prensa para informar sobre o Orzamento Municipal do 2013, que foi debatido e ditaminado favorablemente esta mañá na Comisión de Contratación, Persoal e Especial de Contas.

O Concello agarda levar a pleno este documento no mes de novembro, para que poida entrar en vigor o día 1 de xaneiro do 2013. “Por primeira vez adiantámonos a nos mesmos, e imos aprobar os orzamentos en tempo record, o mes de novembro” comentou o edil delegado da área, Pablo Villamar.

“Queda claro que este goberno ten un proxecto económico para este concello, plasmado nuns orzamentos realistas, prudentes e sociais”, engadíu o concelleiro, destacando que o presuposto “en términos xerais medra en servizos sociais, ensino e cultura. E disminúe a partida de amortización e intereses do Concello” comentou Villamar. “Agardamos que os orzamentos non se queden ahí senón que cando pechemos as contas deste ano teñamos un superávit que nos permita acometer outras actuacións”, declarou o concelleiro.

A cifra inicial do Orzamento Municipal de Narón para o ano 2013 é de 27.243.470,39 €, aínda que esta cifra verase incrementada coas habilitacións de crédito posteriores, de xeito que no mes de xullo poderase chegar a rondar os 30 millóns de euros, tal e como declarou o Alcalde. “Preferimos ser prudentes cando se fala de ingresos e gastos, e temos que seguir ofrecendo servizos de calidade ós veciños” declarou José Manuel Blanco.

O Orzamento Municipal do 2013 susténtase, un ano máis, en catro pilares: Infancia, Maiores, Cultura e Deporte. Ademáis, consolídanse o gasto e os servizos, situándose o gasto en persoal por debaixo do 30% do orzamento. “Temos unha prantilla de persoal moi axustada, e quero darlle as grazas polo enorme traballo e esforzo que fan de maneira exemplar. Outros concellos de similar tamaño que o noso, teñen o dobre de funcionarios”; comentou Blanco.

Respecto á situación económica actual, o rexedor explicou que Narón “é un concello saneado, que sufre a crisis coma o resto pero que afronta o ano 2013
con tranquilidade”. José Manuel Blanco puxo como exemplo o pago de facturas a proveedores, que estanse a realizar nun prazo medio de un mes grazas ó plan de pagos municipal.

Respecto ás variacións no Orzamento do 2013 con respecto ó do ano 2012 (fixado en 28.275.226,63 €) o Alcalde sinalou que se manteñen tódolos convenios “aínda que algúns de cultura e deportes baixan. Os de acción social, pola contra, seguen na mesma cifra e incluso algúns deles aumentan a súa cuantía económica, como o caso de Cáritas Diocesana”, declarou.

O Orzamento Municipal de 2013 repártese do seguinte xeito:

-Gastos de persoal: 26,96 %
-Gastos correntes: 50,77 % (mantemento)
-Gastos financeiros: 2,45%
-Transferencias correntes: 10,71%
-Inversións: 2,37% (POS)
-Activos financeiros: 0,26%
-Pasivos financeiros: 6,48% (débeda)



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal