Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
REUNIÓN COA DIRECTIVA DO EIXO ATLÁNTICO DO NOROESTE PENINSULAR
REUNIÓN COA DIRECTIVA DO EIXO ATLÁNTICO DO NOROESTE PENINSULAR
O Concello de Narón manifestou o seu interés por entrar a formar parte desta rede, para potenciar temas coma o turismo, a tecnoloxía ou o medioambiente.
Narón, 21 de Novembro de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Turismo, María Rodríguez Porto, recibiron hoxe no Concello á directiva do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Por parte desta entidade asistiron o Secretario Xeral, Xoan Vazquez Mao, e a responsable de Programas e Cooperación, Rita Fidalgo Oitavén.


Trátase da segunda reunión de traballo que se produce entre o Concello de Narón e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, para tratar a posible integración de Narón nesta rede. O Alcalde confirmou hoxe o interés do Concello por entrar a formar parte desta entidade, e participar nos programas que se desenvolven a nivel comarcal e a nivel xeral, en temas de interese para os concellos coma a tecnoloxía, o turismo ou o medioambiente.


A incorporación de Narón ó Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular podería materializarse en febreiro do ano 2013, tal e como explicou o seu Secretario Xeral. Primeiramente haberá que iniciar o procedemento formal de adhesión, sometendo a integración de Narón á votación do resto dos integrantes do Eixo, mediante unha asamblea xeral. Emitido o ditame favorable, as cidades membros do Eixo deberán pronunciarse tamén de xeito individual. O proceso durará entre 2 e 6 meses, polo que a data máis probable para formalizar esta adhesión é o segundo mes do vindeiro ano.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal