Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS DA COMARCA (AECOFE) ORGANIZA O PROGRAMA "FERROLTERRA 12"
Do 1 ó 12 de decembro, haberá actividades culturais, deportivas e lúdicas en diferentes lugares da comarca, entre eles Narón.
Narón, 29 de Novembro de 2012.- A presidenta da Asociación de Empresarias da Comarca de Ferrol (AECOFE), Ana Armada, presentou hoxe en rolda de prensa o programa FERROLTERRA 12 “Doce días por la integración”, que terá lugar do 1 ó 12 de decembro. Trátase dunha proposta de actividades lúdicas e de ocio, cuxos beneficios irán destinados integramente a axuda social. Na presentación desta iniciativa, estivo acompañada polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, xa que o Concello colabora con AECOFE a través da cesión de espazos e infraestructura para poder desenvolver as actividades que se realizarán en Narón, ademáis dunha axuda económica. AECOFE ten convocadas as seguintes actividades: bingo solidario, showroom nupcial, exhibición de bailes e patinaxe, marcha ciclista, desfile de novos deseñadores, movilteca, espectáculo de maxia e teatro, ginkana do comercio, fútbol solidario, chocolatada, showroom winter-fall, regata de remo, networking financiero, seminario de coaching, cata de vinos, e 12 mulleres sen vergoña. Esta última proposta desenvolverase no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón, o mércores 12 de decembro, ás 19:00 horas. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, responderá a 12 preguntas formuladas por 12 mulleres do municipio (representantes do mundo empresarial, veciñal, cultural, deportivo, social, etc…). Ademáis, durante tódolos días haberá un maratón fotográfico, recollida de xoguetes, concursos de escaparate, e sorteo de agasallos no xogo “rasca e gaña”. Os beneficios que se recauden con estas actividades destinaranse integramente ás seguintes entidades: AFAL , Asociación de enfermos de Parkinson, Asociación de Minusválidos, Fundación Josep Carreras contra la leucemia, Cáritas, Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Asociación Vida Activa, Teima, e Cociña Económica. O calendario de actividades que se desenvolverán en Narón é o seguinte: -Días 1 e 2 de decembro: Showroom nupcial, no Pazo Libunca (de 11 a 14 horas e de 16:30 a 19 horas). Exposición de produtos nupciais, desfiles e máis. -Día 2 de decembro: Marcha ciclista, no paseo de Xuvia ás 11:00 horas. -Día 5 de decembro: Partido solidario ‘12 días por la integración’ no Estadio da Malata, onde se enfrentarán o Racing de Ferrol e o Narón Balompé Piñeiros. -Día 5 de decembro: Ginkana do comercio, coa realización de diversas probas polas zonas comerciais das cidades. -Día 7 de decembro: Bingo solidario, no Hotel Husa Odeón. -Dia 7 de decembro: movilteca na Praza da Gándara, con animación infantil. -Día 8 de decembro: regata de remo polas augas da ría de Ferrol, coa colaboración do Club de Remo Narón. -Día 9 de decembro: movilteca na Praza de Galicia, con animación infantil. -Día 9 de novembro: movilteca e chocolatada solidaria, na Praza da Gándara. A beneficio de Cáritas e a Cociña Económica. -Día 10 de decembro: Networking financiero no hotel Husa Odeón, ás 18:30 horas, coa participación de diferentes estamentos sociais que explicarán o seu punto de vista sobre a crise. -Día 10 de decembro: Hotel Husa Odeón, de 11 a 14 horas, e de 16 a 19 horas, seminario de Coaching, obradoiro de cata de viños e liderazgo. -Dia 10 de decembro: movilteca na Praza da Gándara, e animación infantil. -Día 12 de decembro: ’12 mulleres sen vergoña’ no Café Teatro do Pazo da Cultura, ás 19:00 horas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal