Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVOCADA A TERCEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA DE OCIO DEPORTIVO "DEPORNADAL"
A inscrición é gratuita e pode realizarse do 10 ó 18 de decembro. Está dirixido a nen@s de 6 a 12 anos de idade, empadroados en Narón.
Narón, luns 3 de decembro de 2012.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa o programa “Depornadal Solidario 2012” que se celebrará en Narón os días 26, 27 e 28 de decembro de 2012 e o 2 e 3 de xaneiro de 2013. Trátase dun programa municipal dirixido a nenos/as entre 6 e 12 anos de idade, empadroados en Narón, e de carácter gratuito. Os inscritos poderán practicar dúas actividades diarias de unha hora e media de duración (en horario de 10:00-11:30 e de 11:30- 13:00 horas, e de 16:00- 17:30 e de 17:30-19:00 horas) sempre en función do número de inscritos. En función das actividades elexidas, os deportes practicaranse no Polideportivo da Gándara, no Pavillón da Mocidade, no School Padel Center de Río do Pozo, e no San Mateo Centro de Padel. As inscricións poderán realizarse do 10 ó 18 de decembro (ambos incluidos) no Complexo Polideportivo da Gándara, polas mañás nas oficinas (de 9:00 a 13:00 horas) e polas tardes na conserxería (de 15:15 a 23:00 horas). A relación de actividades propostas é a seguinte: Tenis de mesa, Tiro con arco, Natación (imprescindible saber nadar e traer bañador, gorro e chanclas), Judo, Balonmán, Voleibol, Fútbol-sala, Baloncesto e Padel. Os participantes deberán traer ropa axeitada para a práctica deportiva (tenis, chandal, …). Cada día realizaranse dúas actividades diferentes. Os grupos e reparto de actividades poderanse consultar na páxina web do Concello de Narón e nos taboleiros de anuncios dos pavillóns municipais de Narón, a partir do 19 de decembro. O xoves día 3 de xaneiro, de 10:00 a 13:00 horas, realizarase a actividade de Padel no School Padel Center e no San Mateo Centro de Padel. A Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, quixo agradecer ós clubes a súa colaboración para facer posible o programa Depornadal 2012. A relación de clubes que colaboran é a seguinte: Club Cidade de Narón (balonmán), Club Arco Narón (tiro con arco), Agrupación Deportiva Náutico Narón (natación), Club Narón Volea (voleibol), Club Tenis de mesa Narón, School Padel Center, San Mateo Centro de Padel, Agrupación Deportiva Santiago Apóstol (baloncesto), e Judo Club Narón. O programa Depornadal ofrece ós/as nenos/as “a posibilidade de pasar as vacacións de nadal practicando deporte, tendo contacto directo con aquelas actividades que nunca practicaron, e coñecendo polo tanto a oferta deportiva que lles ofrece o noso concello”, sinalou a Concelleira de Deportes. Natalia Hermida tamén valorou o feito de que este programa “permite, na medida do posible, que as familias poidan conciliar a vida laboral coa persoal, ofrecéndolles unha alternativa de ocio para estes días tan sinalados”. Coincidindo coa 3ª edición de Depornadal, este ano engádeselle ó programa un valor solidario “xa que entendemos que agora máis que nunca é moi necesario”, comentou a edil, propoñendo ós participantes que “doen un xoguete dos que xa non utilizan, levándoos ó Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara. Dende a organización, comprometémonos a que sexan entregados a Cáritas antes do día 29 de decembro, permitindo que moitos/as nenos/as sen recursos poidan recibir un regalo na noite de reis, e ao menos tempo inculcando ós nosos/as fillos/as o valor da solidariedade”, concluíu.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal