Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA CONCILIAESCOLA DURANTE O NADAL
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA CONCILIAESCOLA DURANTE O NADAL
Descargue aquí a solicitude para este programa, de carácter gratuito.
Narón, 4 de decembro de 2012.- A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, abre mañá o prazo de inscrición para participar no programa ConciliaEscola 2012, que se celebrará durante o Nadal en Aldea Nova (Sedes).

Haberá dous quendas: do 24 ó 28 de decembro, e do 31 de decembro ó 4 de xaneiro. En total existen 50 prazas disponibles (25 en cada quenda), e cubriranse por rigurosa orde de inscrición. O programa ConciliaEscola está dirixido a nenos/as de Narón de 4 a 12 anos de idade, e é gratuito (inclúe transporte).

ConciliaEscola é un programa deseñado para permitir a conciliación laboral e familiar das mulleres con fillos/as ó seu cargo, e dentro do proxecto merece atención especial as familias en risco de exclusión social.

As inscricións deberán formalizarse no Servizo Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello) en horario de mañá. Poderá obterse máis información no teléfono 981 33 77 00 (extensión 1113). Xunto coa solicitude, deberá achegarse a seguinte documentación: fotografía tamaño carné, fotocopia do DNI do neno/a ou libro de familia (compulsada), fotocopia do DNI do pai/nai ou titor/a (compulsada), certificado médico, e fotocopia da tarxeta sanitaria (compulsada).

As nenas e os nenos participantes realizarán actividades específicas de formento da educación en igualdade, destinadas a compartir as funcións e tarefas domésticas, os coidados familiares, etc… Un equipo técnico de persoal especializado en educación do tempo de lecer encargarase de dinamizar cada día o tempo da estadía.

O horario de ConciliaEscola é de 8:00 a 14:00 horas. O programa de actividades inclúe un obradoiro sobre construcción de xoguetes, obradoiros de supervivencia e orientación no medio natural, actividades de agricultura e gandería, obradoiros de interpretación de pegadas, rastros e sinais de animais silvestres, xogos populares, tiro con arco, rutas, e obradoiros de cociña divertida, entre outros.


Descarga de archivos
Solicitude EcoescolaTamaño: 53,23 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal