Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DESEÑA UNHA CAMPAÑA PARA FELICITAR O NADAL EN GALEGO
Consta de postais para descargar da web, unha postal electrónica, e textos de felicitación en galego para enviar por SMS.
Narón, 5 de decembro de 2012.- A Concelleira de Educación de Narón, Mª del Carmen Espada –de quen depende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón- presentou hoxe en rolda de prensa a campaña “Felicita o Nadal en galego”, deseñada co fin de promover o uso da lingua galega entre a cidadanía. Esta campaña consta de diverso material co que se pode felicitar as Navidades: tres postais para descargar, unha postal electrónica, e textos de felicitación en lingua galega para enviar por SMS. Todos estos recursos están disponibles na web do Concello: www.naron.es, no banner “Felicita o Nadal en galego” (situado na marxe esquerda). A Concelleira de Educación animou a tódolos veciños/as de Narón a empregar estos recursos, para felicitar o Nadal a familiares e amigos. Ó mesmo tempo, Mª del Carmen Espada aproveitou para desexarlles “unhas boas festas, a pesar dos momentos de dificultade que estamos a vivir”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal