Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE ELABORA UN PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE ELABORA UN PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Narón, 5 de decembro de 2012.- A Concelleira de Igualdade de Narón, Teresa Sabio, presentou hoxe en rolda de prensa o Protocolo de Actuación que tense deseñado dende o Concello de Narón para ofrecer atención multidisciplinar ás vítimas da violencia de xénero.

Este protocolo foi redactado pola psicóloga municipal Mª del Carmen López Díaz, e pretende abordar a problemática da violencia contra as mulleres dende unha visión multidisciplinar, atendendo a tódolos ámbitos da vida das mulleres: económico, social, psicolóxico, laboral, educativo, de saúde, etc..

Así o indicou a Concelleira de Igualdade de Narón, Teresa Sabio, quen explicou que dende o Concello “levarase a cabo esta atención multidisciplinar, ofrecendo información e atención psicolóxica e social ás vítimas, reclamando os seus dereitos coma muller, apoiando na educación á unidade familiar, a formación preventiva nos valores de igualdade dirixida ó desenvolvemento persoal das mulleres e á adquisición de habilidades na resolución non violenta de conflictos, e o apoio á formación e inserción laboral e á procura de emprego”.

Ata o de agora, dende o Concello de Narón xa ofrecíase unha atención integral ás vítimas da violencia de xénero, pero agora actuarase tamén de xeito coordinado co Centro de Saude, coa Policía Local, co Xulgado, cos abogados/as do Turno de Oficio, etc… Esta actuación se realizará en tres niveis diferenciados:

1) Nivel de emerxencia: prodúcese no momento no que a muller está recibindo o maltrato. Ante estas situacións, existen unha serie de teléfonos de emerxencia (policía nacional: 091, emerxencias: 112, violencia de xénero: 016) ós que as vítimas ou os seus achegados poden chamar, para denunciar a situación e solicitar axuda.

2) Nivel de urxencia: comprende dende o momento no que a muller acude á Comisaría de Policía a poñer a denuncia, ata a posta en contacto co Concello, onde se lle informa dos servizos ós que pode acceder (teleasistencia, casa de acollida, asesoramento xurídico e psicolóxico, e posta en marcha do dispositivo policial se fose necesario).

3) Nivel normalizado: a muller entra en contacto directo co persoal municipal para recibir asesoramento: orientadora laboral, psicóloga, traballadora social, etc…Nese momento redactaríase unha “ficha única” recollendo a información sobre o caso de violencia de xénero do que fose vítima a muller, para poder ofrecerlle esa atención integral.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal