Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DE FESTAS DE NADAL EN NARÓN
PRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DE FESTAS DE NADAL EN NARÓN
Haberá a tradicional Festa de FIn de Ano, un Mercadillo Navideño, un Mercado de 2ª Man, e o Festival Solidario de Fojeteiros.
Narón, 13 de decembro de 2012.- A Concelleira de Festas e Ocio de Narón, Mª del Mar Gómez, presentou hoxe en rolda de prensa a Programación de Festas de Nadal 2012. Tódalas celebracións programadas teñen carácter gratuito.

A primeira das actividades organizadas é o Festival Solidario do Motoclub Fojeteiros, o sábado 22 de decembro. Inclúe a IV Xornada Moteira Solidaria e o II Concurso de Debuxo do Nadal 2012. Será a partires das 16:30 horas, na Praza da Galicia.

No Festival contarase coa presenza de Papa Noel, para que os nenos/as de Narón poidan facerlle as súas peticións. Tamén recolleranse alimentos e xoguetes para entregar posteriormente ás familias máis desfavorecidas a través dunha asociación benéfica. Está prevista ademáis unha exhibición de Baileactivo na que poderán participar tódolos asistentes, e unha actuación musical a cargo da Orquesta Arde Leixa. As actividades realizaranse baixo carpa, e para combatir o frío tamén servirase café, leite e chocolate.

O domingo 23 de decembro continuará o programa festivo coa celebración do I Mercado de Obxetos de 2ª Man, no recinto feiral do Trece (Sedes) con entrada gratuita. Abrirá en horario de 11 a 14 e de 16 a 19 horas, e actualmente xa están tódolos postos (70) cubertos, dado que o número de solicitudes superou con creces a oferta realizada dende o Concello.

A Festa de Fin de Ano, o día 31 de decembro, celebrarase como en edicións anteriores nunha carpa climatizada da Praza de Galicia, de 1.200 m2 de superficie, e equipada con mesas, cadeiras, ropero e cafetería. Os asistentes poderán disfrutar da música das orquestas Filadelphia e La Oca.

E xa no ano novo, os días 3, 4, 5 e 6 de xaneiro a Praza de Galicia acollerá o I Mercado Navideño de época, inspirado no ano 1900. O horario de apertura será de 11 a 15 horas, e de 17 a 23 horas, e a entrada é gratuita. Os visitantes poderán adquirir alimentos, cuero, bisutería, e obxetos navideños inspirados nesa época.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal