Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA UN OBRADOIRO DE COCIÑA SAUDABLE DIRIXIDO A HOMES
O CONCELLO ORGANIZA UN OBRADOIRO DE COCIÑA SAUDABLE DIRIXIDO A HOMES
Se desenvolverá nos Centros Comunitarios, e os interesados deberán inscribirse no Servizo Sociocomunitario Municipal (1ª pranta do Concello).
Narón, 14 de decembro de 2012.- A Concellería de Promoción Social de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, ven de organizar un Obradoiro de Cociña Saudable dirixido a homes. Os talleres se realizarán nos Centros Comunitarios ‘Manuela Pérez Sequeiros’ e ‘Casas da Mariña’, e terán unha duración de 24 horas divididas en seis xornadas (venres e sábados, de 16:30 a 20:30 horas).

Os interesados deberán presentar a correspondente solicitude no Servizo Sociocomunitario Municipal. O número de prazas é limitado (10 prazas por cada obradoiro).

A través deste obradoiro, os participantes aprenderán a elaborar receitas saudables e sinxelas, a manipular alimentos e útiles de cociña, limpeza doméstica, organización da compra, técnicas e preparación de alimentos, e menús.

Os obxectivos principais destos obradoiros son: aprender diferentes técnicas, habilidades e destrezas no eido da cociña, coñecer qué produtos son máis saudables e en qué cantidades para as persoas maiores, e promover que o ámbito comunitario do Concello sexa un espazo realmente corresponsable.

Esta actividade forma parte do Programa de Atención ás Persoas Maiores, a través do cal se fomenta a educación para a saúde entre persoas maiores (nesta caso, homes). O Obradoiro de Cociña Saudable achegará ós asistentes conceptos e coñecementos elementais sobre nutrición, para que poidan ser utilizados e aplicados á vida cotiá. Ademáis, preténdese cocienciar do papel da alimentación na saúde e prevención das enfermidades, tanto físicas coma psicolóxicas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal