Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O 'APALPADOR' PERCORRE DENDE HOXE AS RÚAS DE NARÓN REPARTINDO CARAMELOS ENTRE OS NENOS E NENAS
O 'APALPADOR' PERCORRE DENDE HOXE AS RÚAS DE NARÓN REPARTINDO CARAMELOS ENTRE OS NENOS E NENAS
Visitará os barrios e participará nas festas previstas durante este Nadal.
Narón, 17 de decembro de 2012.- O Concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, e unha representante da Asociación de Comerciantes de Narón, Eva Pena, recibiron hoxe no Concello ó “Apalpador”.

Trátase dunha personaxe que estará durante este Nadal en Narón, convidado polo Concello e a Asociación de Comerciantes, dentro da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”.

O “Apalpador” percorrerá as rúas e os comercios de Narón durante estas datas (dende hoxe e ata o sábado 29 de decembro) pero tamén participará na Gala do Comercio (o 21 de decembro no Auditorio da Praza de Galicia), nas Festas Infantís (o martes 25 no Alto, e o sábado 29 en Santa Icía) e viaxará a bordo do tren navideño (o mércores 26).

Os barrios nos que os nenos poderán atoparse con esta figura, típica de Galicia, son O Alto, A Gándara, Santa Icía, Estrada de Castela, e o Alto do Castiñeiro.

O “Apalpador” declarou que era “un pracer estar por estas terras, xa que dixéronme cousas moi boas de Narón e do seu comercio”. Ven disposto a repartir caramelos e deixarse fotografiar con tódolos nenos/as de Narón e doutros puntos da comarca.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal