Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO PON EN MARCHA UN CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS EN COLABORACIÓN CON CÁRITAS E DIGNIDAD
O CONCELLO PON EN MARCHA UN CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS EN COLABORACIÓN CON CÁRITAS E DIGNIDAD
Ambas ONGS ocuparanse de recoller e distribuir a axuda de particulares e empresas ás persoas e familias necesitadas.
Narón, 18 de decembro de 2012.- O Concello de Narón presentou hoxe publicamente o Centro de Recursos Solidarios, que tense creado para axudar ás familias con dificultades económicas do municipio. Este proxecto desenvolverase conxuntamente coas ONG’S Cáritas e Dignidad, que serán as encargadas de canalizar esa axuda.

Inicialmente, o Centro de Recursos Solidarios funcionará de xeito experimental, durante tres meses directamente nas instalacións de Cáritas Interparroquial de Narón e a Asociación Dignidad. Transcurrido este tempo, o Centro de Recursos Solidarios terá a súa sede nun local ubicado no barrio de Freixeiro, actualmente en proceso de acondicionamento.

O Concello achegará unha aportación inicial de 10.000€ para botar a andar este proxecto, que pretende ofrecer axuda de todo tipo (alimentaria, de vestimenta, de transporte, de educación, sanitaria, de vivenda…) ás persoas con maiores dificultades económicas. “Vamos a intentar dar un paso máis nesta situación de crise que nos teñe a todos tan agobiados”, declarou o Alcalde. José Manuel Blanco destacou a importancia da colaboración “entre a administración local e entidades sociais de carácter público, coma Cáritas e Dignidad, para poder chegar xuntos máis lonxe”.

Segundo explicou a Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, a distribución dos recursos se realizará por zonas ou barrios, seguindo un protocolo organizativo, con horarios de distribución personalizados con secuencia horaria. Encargaranse da súa xestión unha rede de voluntarios de ambas entidades, que xa están a recibir formación (a través de cursos de Manipuladores de Alimentos e de Prevención de Riscos Laborais) para tal fin. As entregas serán rexistradas (tanto as dos donantes coma as dos beneficiarios) nunha base de datos.

No Centro de Recursos Solidarios aceptaranse produtos alimentarios, de vestimenta, calzado, carburantes, mobiliario, e outros enseres que poidan ser valorizados. Os donantes poderán ser tanto particulares coma empresas. “Buscaremos a solidariedade de tódolos axentes económicos e empresariais, para poder chegar a máis xente. Trátase de favorecer ós cidadáns que están a pasar momentos realmente críticos”, declarou Catalina García, desexando que este sistema poida extenderse a outros concellos da bisbarra.

Tanto a directora de Cáritas de Ferrolterra, Josefina Pol, coma a presidenta de Dignidad, Lola Romero, agradeceron ó Concello o seu interese por ter creado este Centro de Recursos Solidarios. “Agradecemos o voso xesto porque se chamou a outras portas e non se abriron. Ogallá esta sexa unha iniciativa copiada por outras entidades e outras cidades”, declarou Pol. Na mesma liña expresouse a representante de Dignidad, declarando que “é sorprendente a participación e a colaboración activa que se respira neste concello, chegando incluso ás persoas individuais. Sodes un exemplo de colaboración e cercanía”, engadíu Romero.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal