Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO PRESENTA O PROGRAMA 'NARÓN GASTRONÓMICO 2013'
O CONCELLO PRESENTA O PROGRAMA 'NARÓN GASTRONÓMICO 2013'
A primeira das actividades realizarase do 1 ó 12 de febreiro, cunha degustación de tapas propias do Entroido.
Narón, 17 de Xaneiro de 2013.- O Concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, presentou hoxe en rolda de prensa o programa “Narón Gastronómico” que ten como obxectivo difundir a riqueza gastronómica do municipio, a través de diversas iniciativas que irán organizándose ó longo do ano.

A primeira actividade incluída neste programa e o ‘Narón Gastronómico Entroido 2013’ que consiste nunhas xornadas de promoción da gastronomía propia destas datas, a través de tapas que se servirán nos establecementos de hostalería adheridos á campaña, do 1 ó 12 de febreiro de 2013 –ambos inclusive-.

Os establecementos interesados en participar nesta campaña poderán inscribirse enviando un correo electrónico ó enderezo narongastronomico@naron.es ou ben chamando ó teléfono 981 364 971.

Os locais participantes elaborarán unha ou varias tapas –doces ou salgadas- que serán degustadas gratuitamente polos clientes, co fin de aumentar a presenza de usuarios e reactivar o consumo nos establecementos de hostelería, así coma a participación nos actos programados dende o Concello.

Ademáis, os clientes que acudan disfrazados terán dereito a participar nun sorteo de varias ceas para dúas persoas nalgún dos restaurantes ou tabernas participantes, para o cal deberán cubrir un boleto cos seus datos de contacto e introducilo nunha urna.

Os días 7 e 9 de febreiro, as xornadas gastronómicas estarán dinamizadas coa actuación das comparsas nos establecementos adheridos á campaña do Entroido Gastronómico 2013.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal