Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS DE FERROLTERRA PRESENTA UN PROXECTO DE 'CROWDFUNDING' PARA DESENVOLVER NO MUNICIPIO DE NARÓN
A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS DE FERROLTERRA PRESENTA UN PROXECTO DE 'CROWDFUNDING' PARA DESENVOLVER NO MUNICIPIO DE NARÓN
O Concello estudiará a posibilidade de sacar adiante esta novedosa iniciativa empresarial.
Narón, 29 de Xaneiro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recibiron hoxe no Concello á presidenta da Asociación de Emprendedoras da Comarca de Ferrolterra (AECOFE), Ana Armada, quen lles presentou o proxecto ‘Crowdfunding’.

Trátase dunha iniciativa novedosa e pioneira na bisbarra, que se estudiará por parte do Concello para ver as posibilidades de financiamento que ten esta idea, e que foi calificada polos responsables municipais como importante e interesante.

O ‘Crowdfunding’ é un proxecto que busca coñecer o interese que xenera un produto ou servizo antes de sacalo ó mercado, co fin de valorar a súa viabilidade e a do proxecto que se promove. Unha das características principais deste proxecto é o seu sistema de financiamento, a través de donacións de particulares que se convertirían en inversores do mesmo.

Os cidadáns poderían propoñer iniciativas (proxectos) nun espazo web, no que os internautas poderían votar as propostas –tal e como se fai nas redes sociais- e posteriormente os encargados do Crowdfunding as estudiarían e executarían. Trátase dun proxecto pioneiro en España e en Galicia, segundo indicou Ana Armada.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal