Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
SIMULACRO DE EVACUACIÓN NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE A GÁNDARA
SIMULACRO DE EVACUACIÓN NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE A GÁNDARA
Co obxectivo de poñer en práctica o Plan de Autoprotección.
Narón, 7 de Febreiro de 2013.- O Pavillón Polideportivo de A Gándara acolleu esta mañá un simulacro de evacuación, no que se puido comprobar a coordinación das Forzas Locais de Seguridade e do voluntariado (Policía Local, Emerxencias Narón, Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, e Cruz Vermella) en situacións de emerxencia.

Este simulacro servíu para incluir as últimas adecuacións de seguridade nas instalacións deportivas, culminando así o proceso de implantación do Plan de Autoprotección neste edificio municipal. Posteriormente, procederase á súa aprobación definitiva.

Os Plans de Autoprotección foron redactados e postos en práctica polo servizo de Emerxencias Narón, en base ás obrigas normativas en materia de protección civil. Estas accións e medidas están encamiñadas a previr e controlar os riscos sobre as persoas e os bens, e a dar as respostas axeitadas ás posibles situacións de emerxencia.

Narón está a dotar de Plans de Autoprotección a tódolos edificios públicos e eventos afectados pola normativa , pero tamén a aqueles que, aínda sen concurrir obriga legal, alberguen público que precise dunha especial protección ou actividades de certa perigosidade.

No simulacro de evacuación realizado hoxe no Pavillón de A Gándara puxéronse en práctica os procedementos de actuación e coordinación establecidos no Plan, avaliando así a viabilidade e eficacia dos mesmos, e comprobando o grao de coñecemento e integración de tódolos implicados. Ademáis dos axentes citados, asistíu o Concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo.

O acto en cuestión consistíu na provocación dun lume intencionado nunha das oficinas do pavillón, tras o cal interviron os Bombeiros, Emerxencias Narón e Policía Local. Ademáis, a consecuencia do fume, resultou intoxicada –de xeito ficticio- unha persoa, que foi sacada do recinto en camilla e evacuada nunha ambulancia da Cruz Vermella.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal