Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
APROBADA A AMPLIACIÓN DO CONTORNO DO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
APROBADA A AMPLIACIÓN DO CONTORNO DO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
O Concello Pleno aprobou definitivamente o Plan de Sectorización cos votos a favor de tódolos grupos, agás a abstención do BNG.
Narón, 31 de Xaneiro de 2013.- A Corporación Municipal de Narón celebrou hoxe o Pleno Ordinario do mes de xaneiro, no que se aprobou definitivamente o Plan de Sectorización do ámbito I do contorno do Polígono Industrial de Río do Pozo.

Este plan conta co informe favorable da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, e responde á necesidade de ampliar a oferta de solo destinado a uso industrial e/ou comercial, especialmente en parcelas de gran dimensión, así como ó remate definitivo no extremo norte de dito polígono. O acordo foi aprobado cos votos a favor de TEGA, PP, PSOE e Grupo Mixto, e a abstención do BNG.

Outro dos temas aprobado hoxe foi o II Plan de Igualdade do Concello de Narón, e neste caso o acordo adoptouse por unanimidade. Este documento contempla as actividades a desenvolver polo Concello e a integridade e transversalidade das mesmas. Terá unha vixencia de catro anos, e conta xa cunha partida específica nos Orzamentos Municipais do 2013 para iniciar a súa andadura. Abarcará diferentes ámbitos relacionados coa muller, coma o emprego, a participación cidadá, e a conciliación laboral e familiar, sen olvidar a cuestión da violencia de xénero.

Ademáis, foi aprobada a rectificación do acordo plenario polo que se aprobou o Plan de Obras e Servicios (POS) 2013 da Deputación da Coruña. Realizaranse con cargo a este plan as seguintes obras: Saneamento Modia e Senda peonil Doso (40.968,17€), Pavimentación rúa Ortega y Gasset, Os Vicás e Fernande (79.759,87€), Pavimentación dos camiños Vidueiro, Río Cortés e Carballedas(92.713,72€), Pavimentación Camiños A Torre, Santá e Martianes (68.165,87€),
Iluminación pública Santa Margarida O Val (30.800,33€). Orzamento total: 312.407,96€. Ademáis, aprobouse o Plan Complementario 2013, no que se inclúe a obra de Afirmado e asfaltado en Carballo (O Val) cun orzamento de 30.711,12€.

Na sesión plenaria tamén se aceptou a renuncia da concelleira do PP de Narón Marta Teijido, así coma a solicitude á Xunta Electoral Central da expedición da credencial do seguinte membro da lista desta candidatura, nesta caso Gonzalo Iglesias Blanco.

Dentro da orde do día de hoxe, procedeuse á lectura dunha declaración institucional de apoio ós traballadores de Privilege. Os grupos municipais da Corporación Municipal (TEGA, PP, BNG, PSOE, e Grupo Mixto) amosan no documento “o incondicional apoio ás xustas reivindicacións dos traballadores de Privilege, que constituidos nunha Sociedade Anónima Laboral, teñen puxado pola entidade, a fin de manter a súa produción e postos de traballo neste municipio”.

No apartado de mocións, a Corporación Municipal de Narón aprobou –cos votos en contra do PP, e o voto a favor do goberno municipal (TEGA, PSOE, BNG e Grupo Mixto)- unha moción sobre os Orzamentos da Xunta de Galicia para 2013, na que se pide ó goberno autonómico que dote económicamente as partidas precisas nos Orzamentos da Xunta para 2013, para realizar determinadas inversións en Narón, que se levan reclamando dende fai anos.

En concreto, solicítase financiamento para as seguintes actuacións:

-Construción do novo Centro de Saúde de Narón.

-Realización de obras de implantación do saneamento na estrada AC-112, na parroquia de Sedes.

-Adquisición da Concha Acústica para o Pazo da Cultura de Narón.

-Xestión das Escolas Infantís de A Solaina, Piñeiros, A Gándara e Xuvia.

-Xestión dos comedores escolares dos colexios públicos de Narón.

-Realización de obras de mellora nos centros de ensino.

A Moción, presentada polos grupos políticos de TEGA, PSOE, BNG e Grupo Mixto, prantea que se lles dea traslado destes acordos ó Presidente da Xunta de Galicia, así como ás Consellerías das que dependan as peticións formuladas.

Na exposición de motivos desta moción, lémbrase que Narón é un concello que medra anualmente en número de habitantes e que neste momento estase a piques de acadar os 40.000, o que fai que algúns servizos –como a sanidade ou o ensino- precisen de investimentos para mellorar a calidade de vida dos cidadáns.

A moción lembra que no borrador dos orzamentos da Xunta de Galicia para 2013, compróbase que lonxe de facer realidade as infraestructuras que Narón precisa, non hai máis investimento que a cantidade de 399,99€ para o desenvolvemento sostible das zonas costeiras de Narón.

Pola contra, os compromisos de desenvolver o proxecto para o novo Centro de Saúde –para o que se ten firmado un protocolo no ano 2008- e a xestión dos comedores escolares e das escolas infantís –das que a xestión é competencia da Xunta- non aparecen con cartos consignados. Este último caso é especialmente preocupante, xa que o Concello non sabe se poderá continuar ofrecendo estos servizos sen a axuda da Xunta de Galicia.

Ademáis, as mellores nos centros de ensino e a construción dun novo centro escolar fanse de importante necesidade, tanto para que o alumnado teña un entorno axeitado para desenvolver a súa ensinanza como para ter prazas suficientes para atender á demanda.

En relación coa ampliación do saneamento na zona de Sedes, resulta imprescindible que a Xunta de Galicia execute na estrada AC-112 –da súa titularidade- o saneamento e que constrúa a depuradora a donde verterían o resto dos saneamentos locais.

Por último, e vistos os investimentos en outros concellos nos que se instalaron tramoias en auditorios municipais, o Concello de Narón solicita a través desta moción que se inclúa tamén a Concha Acústica do Pazo da Cultura.


Por outra parte, no mesmo Pleno Ordinario do mes de xaneiro de 2013 aprobouse unha moción do BNG respecto das estradas da Deputación, cos votos a favor de TEGA, PSOE, BNG e Grupo Mixto, e o voto en contra do PP.

Nesta moción, ínstase á Deputación de A Coruña a que faga as xestións oportunas para que as estradas de San Xiao e a Estrada do Trece –obras proxectadas e orzamentadas- sexan unha realidade no menor prazo posible. Ademáis, demándase á Deputación que remita ó Concello de Narón o proxecto de ampliación da estrada C-3614, no tramo correspondente á Avenida Miguel de Cervantes, para a súa aprobación e posterior incorporación ó Plan de Vías Provinciais.

O texto desta moción lembra que Narón é un concello que conta cun importante número de estradas provinciais, algunhas delas cunha necesidade de actuación no seu trazado, arranxo ou ancheamento. Durante o mandato anterior, o BNG fixo esforzoas para actuar nelas, conseguindo que a Deputación mellorase as estradas de O Val por Castro, O Feal, e Longras. Tamén actualizouse o proxecto da Estrada do Trece –pendente da autorización

de urxente ocupación por parte da Xunta- e conqueriuse financiamento para ésta e para a Estrada de San Xiao.

Non obstante, obsérvase que durante o actual mandato, a Deputación está a retrasar a execución de ditas obras, así como a da Estrada Miguel de Cervantes, cuxa redacción do proxecto foi licitada tamén durante o pasado mandato. Por estos motivos, pídese á Deputación que acometa ditos traballos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal