Do berce á rúa, Medra coa lingua! |
Dámosvos a benvida á web da campaña Do berce á rúa, medra coa lingua! Con esta iniciativa queremos achegar os nosos parabéns ás persoas que agardan o nacemento dun neno ou dunha nena. Nós -pais, nais, amizades e persoas coidadoras- acompañaremos a súa aprendizaxe do mundo onde vai vivir. Ensinarémoslle as súas primeiras palabras e darémoslle a oportunidade de comunicarse con plenitude.
Falarlle galego representa unha vantaxe importante xa que vai mellorar a súa adquisición doutras linguas, algo moi necesario posto que vivimos nunha sociedade plurilingüe. A través do galego, crearemos un vínculo co seu territorio, a súa historia e a súa identidade cultural.
Mediante este material queremos ofrecervos unha axuda para iniciar este camiño cos nenos e as nenas que van encher as nosas casas, as nosas escolas infantís, os nosos parques e, por suposto, as nosas vidas.
|
|
|
 |
Medidor
Con este medidor, poderás rexistrar o desenvolvemento do neno ou da nena dunha forma orixinal que permite tamén poñer as súas fotos.
|
 |
|
Triángulo
Desde aquí, podes descargar un divertido triángulo para colocar no teu vehículo e indicar que o bebé vai a bordo.
|
 |
|
|