O RECINTO FEIRAL DO TRECE ACOLLE O DOMINGO 9 DE XUÑO O 2º MERCADO DE OBXECTOS DE SEGUNDA MAN
A entrada é de balde e haberá actividades para os nenos e sorteo de cheques para gastar en comercios de Narón.
Narón, 4 de Xuño de 2013.- O Recinto Feiral do Trece acollerá o domingo día 9 de xuño o II Mercado de obxectos de 2ª Man, que estará formado por un total de 75 postos (65 situaranse na nave, e outros 10 postos nos soportais) nos que se venderán distintos tipos de artigos (roupa, libros, xoguetes, mobles…).
Este mercado está organizado pola Concellería de Feiras e Mercados de Narón, dirixida pola edil María del Mar Gómez, e ten acadado unha forte demanda entre os participantes, xa que ofrecéronse 75 postos e presentáronse 100 solicitudes, quedando así 25 persoas en lista de espera.
O Mercado de 2ª Man desenvolverase en horario de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 20:00 horas, con entrada de balde.
O programa desta feira inclúe o sorteo de 4 vales de compra de 50 € cada un para gastar en determinados comercios de Narón.
Tamén haberá actividades para nenos/as (en horario de 17:30 a 19:30 horas) dirixidas por 3 monitoras, que se encargarán de realizar xogos populares, globoflexia e maquillaxe infantil. Os máis pequenos tamén poderán divertirse nos hinchables que se instalarán no exterior do recinto.
Ademáis, como novidade a organización premiará cun agasallo sorpresa ó posto que teña unha mellor presentación.