Ao longo dos vindeiros días reuniranse as comisións de valoracións de méritos dos concursos convocados para a provisión de dúas prazas de funcionarios dos servizos externos do Concello de Narón, de acordo coa oferta de emprego público deste ano 2007.
Así o día dez de agosto ás dez horas da mañá reunirase a comisión de valoración de méritos dunha praza de Xefe de Grupo de Mantenemento.
Trátase dun posto de traballo a cubrir polo sistema de promoción interna entre funcionarios do propio Concello que contan coas cacterísticas e requisitos esixidos nas bases específicas que rixen esta convocatoria.
Por outra banda o luns día trece deste mes lle tocará o turno ao tribunal encargado da selección, por idéntico procedemento, dunha praza de Xefe de Grupo de Taller.
Nambolos dous casos trátase de adaptar os postos de traballo actuais ás necesidades e demandas reais deses servizos.