O CONVENIO E A ASOCIACIÓN DE LOITA CONTRA OS MALOS TRATOS (ALMAT) ASINAN UN CONVENIO PARA PRESTAR ASISTENCIA ÁS VITIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Narón, 26 de Novembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a representante da Asociación de Loita contra os Malos Tratos (ALMAT), Carmen López, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de Igualdade.
O acordo establece unha achega económica de 2.000€ correspondentes a unha anualidade (de xaneiro a decembro de 2013) e a través do mesmo desenvolveranse diversos programas de interese social. En concreto, a asociación ALMAT levará a cabo programas de atención e apoio ás mulleres vítimas da violencia de xénero, xa sexa doméstica, ou maltrato de calquera índole.
Máis concretamente, a entidade prestará atención ás persoas remitidas polo Servizo Sociocomunitario Municipal, nas seguintes áreas:
-Asistencia psicolóxica.
-Asistencia xurídica.
-Acompañamento das vítimas en cantas xestións deban efectuar coma consecuencia da súa situación.
-Tramitación do ingreso en Casas de Acollida se fose necesario, ou recurso solicitado pola persoa vítima de violencia.