O CONCELLO OFRECEU FORMACIÓN A 246 PERSOAS DENTRO DO PROGRAMA MUNICIPAL 'HABILITA 2014'
Ofertáronse seis especialidades diferentes, todas elas cun marcado carácter práctico.
Narón, 27 de Xaneiro de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, entregaron hoxe os diplomas correspondentes ó Programa Municipal ‘Habilita 2014’. Un total de 246 alumnos/as remataron con éxito os cursos ofertados a través deste programa, unha parte dos cales recolleron hoxe as súas acreditacións.
Estes cursos son de carácter gratuito, e están dirixidos a persoas maiores de idade, empadroadas en Narón e que se atopen en situación de desemprego.
Durante o ano pasado, ofertáronse ata 6 especialidades diferentes:
-Prevención de Riscos Laborais (73 alumnos)
-Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos (96 alumnos)
-Aerografía (10 alumnos)
-Plan de empresa (9 diplomas)
-Curso preparatorio do permiso BTP (44 alumnos)
-Iniciación á soldadura (14 alumnos)
O goberno municipal investiu máis de 30.000 euros neste programa municipal de formación, e o alumnado participante pode agora continuar o seu itinerario de inserción profesional a través do asesoramento dos técnicos de emprego do Concello de Narón. Porque tal e como recordou o Alcalde, “os concellos temos poucas competencias en materia de emprego, pero podemos ofrecer formación e asesoramento, e nos tempos que vivimos é de gran importancia estar o mellor preparado posible” declarou José Manuel Blanco.