UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ A VINDEIRA SEMANA EN PEDROSO E O VAL
O día 21 de decembro estará operativa no campo da festa de Pedroso e os días 22 e 23 no estacionamento da cooperativa do Val
Narón, 14 de decembro de 2020. Unha unidade móbil para a inspección técnica de vehículos agrícolas estará operativa a vindeira semana nas parroquias de Pedroso e O Val. O día 21 de decembro permanecerá instalada no campo da festa de Pedroso, donde abrirá en horario de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00. Os días 22 e 23 localizarase no estacionamento da cooperativa do Val, con horario de atención o día 22 tamén de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 e o día 23, tan só en horario de mañá, de 9.00 a 13.30 horas.
As persoas que precisen deste servizo poden solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 902 309 000 ou a través da páxina web: www.sycitv.com.