CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA NOS VIAIS DA FASE I DO POLÍGONO INDUSTRIAL DE RÍO DO POZO
O vindeiro domingo, día 17, cortarase o subministro na zona entre as 8.00 e as 17.00 horas, tal e como indicou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla
Narón, 15 de xaneiro de 2021. O edil de Servizos, Ibán Santalla, anunciou un corte no subministro de auga que a empresa Cosma fará efectivo o vindeiro domingo, día 17, na Fase I do polígono industrial de Río do Pozo. O corte afectará ás avenidas e rúas localizadas nesa zona do citado parque empresarial naronés: Gonzalo Navarro, Jesús Fernández Pita, Condesa Cavalcantti, Torneiros e Ceramistas.
O subministro estará interrompido dende as 8.00 ata as 17.00 horas, segundo as previsións da empresa Cosma, e a medida responde á necesidade de realizar tarefas de mantemento na tubaría xeral de abastecemento. O edil de Servizos explicou que os traballos se levarán a cabo o domingo “para evitar maiores molestias na zona, donde se asentan varias empresas”.
O concelleiro naronés solicitou de antemán desculpas polas molestias que este corte no subministro poida ocasionar durante a xornada do domingo.