O CONCELLO ABRIRÁ O 1 DE MARZO O PRAZO DE MATRÍCULA NAS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou que o prazo permanecerá aberto ata o 21 de marzo, incluído
Narón, 27 de febreiro de 2022. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou que o vindeiro martes, día 1 de marzo, abrirá o prazo de matrícula nas tres escolas infantís municipais (A Solaina, A Gándara e Piñeiros. As tramitacións, que tal e como indicou se poderán realizar ata o 21 de marzo (incluído) deben realizarse no Concello, a través do Rexistro municipal –de luns a venres de 8.30 a 13.30 horas- ou na Sede Electrónica do Concello.
A edil naronesa recordou que o Concello dispón da páxina web: buscocole.naron.es, unha ferramenta municipal en donde se ofrece información sobre todos os centros educativos –públicos e concertados- de referencia na cidade, en función dos domicilios e idades dos menores.
Unha vez realizadas as reservas de praza –cuxo prazo remata mañá luns- para o alumnado que xa estea matriculado nas escolas infantís municipais, determinarase o número de vacantes que quedarían para os menores en función da súa idade en cada unha delas.
Os centros da Solaina, A Gándara e Piñeiros ofrecen servizo de madrugadores, almorzo, comedor, sestas e merenda.