Narón incluirá a promoción da doazón de órganos nos espectáculos culturais do Pazo da Cultura no outono.
Narón, 2 de Xuño de 2010.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o presidente da Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (ALCER) en A Coruña, Rafael Rodríguez, ofreceron hoxe unha rolda de prensa coincidindo coa celebración do Día do Doante de Organos. Durante a comparecencia pública, anunciaron a colaboración entre ambas entidades para a promoción da doazón de órganos en Narón.
Así, ALCER desenvolverá unha campaña informativa a finais do mes de outubro e principios de novembro dirixida ós espectadores da programación cultural que se desenvolve no Pazo da Cultura durante o outono. Repartiranse trípticos informando sobre a doazón de órganos, e instalarase unha mesa informativa no Hall do Auditorio da avenida de Holanda.
Ademáis, durante a mañá de hoxe ALCER instalou unha mesa informativa na entrada principal do Concello, para promocionar a doazón e o transplante de órganos entre os naroneses.