O CONCELLO EXPÓN O PROXECTO DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA DA ZONA DE O VAL, MEIRÁS E LAGO
Pode consultarse no Departamento de Urbanismo (6ª pranta) en horario de atención ó público.
Narón, 12 de Xullo de 2010.- O Concello de Narón expón ó público dende hoxe o Proxecto de concentración parcelaria da zona de O Val, Meirás e Lago (pertencente ós concellos de Narón e Valdoviño).
Os afectados poderán consultar o Proxecto e tamén a Proposta do Plan de Ordenación de cultivos agrícolas e forestais na 6ª pranta do Concello (Departamento de Urbanismo) ata o vindeiro dia 18 de agosto (o prazo de exposición ó público é de 28 días hábiles). O horario para facer a consulta é de 8:30 a 13:00 horas.
A concentración parcelaria de O Val, Meirás e Lago está desenvolvida pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, e afecta nestos dous municipios a un total de 2.084 propietarios.