Está dispoñible dentro da páxina de Turismo, www.turnaron.es. Os usuarios poden descargar as cinco rutas propostas.
Narón, 30 de Xullo de 2010.- O Concelleiro de Turismo de Narón, Jose Luis Suárez, presentou hoxe en rolda de prensa o proxecto “Rutas en bici por Narón”, deseñado e creado polo equipo de Educación Vial do Concello (formado polo Policía Local Pedro Caneiro, e o técnico de INEF Simón Cabarcos). Trátase dun novo espazo web, que está incluído na web oficial de Turismo, www.turnaron.es
Entrando nesta páxina, aparece un menú superior no que ó seleccionar a opción “Visitar” aparece o programa de Rutas en bici por Narón. Trátase dunha iniciativa que permite coñecer Narón dunha forma diferente, e disfrutar do ocio, os paisaxes, a natureza e a historia do municipio.
Ademáis, se ofrece ós usuarios unha variedade de contidos como trípticos, un visualizador de rutas, vídeos e arquivos para descargar no GPS ou en Google Earth. “Narón en bici” propón cinco rutas diferentes para realizar, dependendo da idade de cada persoa e da dificultade que se busque.
A ruta 1 discurre pola ribeira de Xuvia, a ruta 2 vai pola orilla do río Xuvia, a ruta 3 polo Camiño de San Andrés de Teixido, a ruta 4 polos Camiños Milenarios do Val, e a ruta 5 polos carrís bici de Narón. Tanto a ruta 1 coma a 5 están aconselladas tanto para nenos/as coma para maiores que busquen disfrutar o paseo, sen ter que realizar moitos esforzos coa bicicleta. As outras tres teñen un grado de dificultade algo maior.